Aberta a inscrición para un curso gratuíto de monitor de tempo libre

A idade mínima para participar é de 18 anos e é imprescindible contar, como mínimo, co título da ESO
Aberta a inscrición para un curso gratuíto de monitor de tempo libre
Imaxe de arquivo dun campamento infantil | Xunta

A Concellaría de Promoción Económica do Concello de Cedeira acaba de abrir o período de inscrición para un curso gratuíto de monitor de tempo libre. Esta iniciativa, que ten como obxectivo incentivar a empregabilidade dos veciños interesados, terá un total de 20 prazas –asignadas por estrito orde de matrícula– e será impartida desde o próximo día 26 no CEIP Nicolás do Río. 

 

A idade mínima para participar é de 18 anos e é imprescindible contar, como mínimo, co título da ESO, técnico auxiliar en Formación Profesional ou equivalentes. Aqueles que queiran formar parte desta iniciativa formativa poderán apuntarse no correo noel.lopez@cedeira.gal ou enviar unha mensaxe por WhatsApp ao número 697 479 710. 

Aberta a inscrición para un curso gratuíto de monitor de tempo libre

Te puede interesar